lunes, 30 de enero de 2012

Hoxe falamos dun país: Alxeria

Alxeria

Imaxe baixo licencia cc vía Wikipedia

Alxeria é un país cuxo nome real é Reública Arxelina Democrática e Popular, situado no norte de Africa, pertencente ao Magreb desde o 9 de Xullo de 2011.

A súa organización política é a dunha República presidencial na que o presidente é o xefe de Estado e de Goberno.
Existen na actualidade nove partidos políticos en Arxelia,dos que falaremos únicamente de dous.
En primeiro lugar, o Frente Islámico de Salvación, organización política islamista Arxelina fundada no ano 1989 e declarada, so tres anos máis tarde, como ilegal.
No ano 1990, e tras obter o 65% dos votos, o FIS gaña as eleccións municipais e goberna nas principales cidades de Alxeria. Nas eleccións xerais do ano seguinte, o FIS acada na prmeira volta un 24% dos votos, e o presidente de Alxeria, co fin de impedir na segunda volta o tirunfo electoral dos islamistas, anula o proceso electoral declarando o estado de excepción. Acórdase asi a disolución do FIS así como tamén a encarcelación dos seus dirixentes, feito que intensificaría os ataques militares a través do seu brazo armado, o Exército Islámico de Salvación. No ano 1995 o partido é ilegalizado, e catro anos máis tarde, tras firmar un acordo de paz, abandonou as súas reivindicacións da loita armada a pesar de manter os seus principios islámicos.
Outro dos principais partidos políticos de Alxeria e o PPA (Partido do Pobo Arxelino), do que saíu o primeiro presidente da República Democrática e Popular de Alxeria, Ahmed Ben Bella. Nace en Alxeria o 25 de Decembro de 1916, foi o primeiro presidente arxelino desde a independencia deste país en 1962. Durante a Segunda Guerra Mundial foi chamado a facer o servicio militar co exército, onde no ano 1940 acadou o grao de sarxento asi como tamén a Cruz de Guerra por derribar un Stuka, un dos bombardeiros do exército alemán durante a Segunda Guerra Mundial.
Alxeria foi o escenario de moitos conflitos bélicos, dos que diversos directores filmaron películas. Un deles é o italiano Gillo Pontecorvo, nacido en Pisa en 1919, famoso fundamentalmente polo filme “ La batalla de Argel”. Morreu no ano 2006 en Roma. A parte de filmar películas, Alxeria foi motivo e inspiración de moitos escritores, de nacionalidade arxelina, que serían importantes figuras na literatura unviersal. Un destes escritores é Mohammed Moulessehoul, un escritor arxelino  de lingua francesa que naceu o 10  de xaneiro de 1955. Despois da publicación das súas seis primeiras obras, Moulessehoul decide refuxiarse baixo o nome de Yasmina Khadra, un seudónimo feminino co fin de evitar represalias políticas, que darán lugar a unha violenta guerra civil na que o propio escritor combate. Finalmente, no ano 2000 abandona o exército para dedicarse plenamente á escritura.
E por último, e probablemente, o máis importante escirtor que houbo en Alxeria foi, sen dúbida, Albert Camus. Nado en Alxeria un 7 de novembro de 1913, foi un novelista e filósofo francés que no ano 1957 recibiu o Premio Nobel de Literatura. Procedente dunha familia de colonos franceses dedicados ao cultivo do anacardo, vése obrigado a marchar a Arxel cando o seu pai morre na Batalla do Marne, no ano 1914. No ano 1940, Camus emigra cara París e traballa como secretario de redacción nun diario parisino. Morre en Francia por mor dun accidente de tráfico no ano 1960.







No hay comentarios:

Publicar un comentario