lunes, 30 de enero de 2012

Alxeria


  Alxeria é un pais situado no norte de África. Nel fálase árabe clásico, e tamén o tamazight que é lingua nacional. Aínda que na vida diaria os alxerinos falan un árabe dialectal, moi diferenciado do clásico.
Os seus principais recursos son o petróleo, gas, ferro, zinc, plata, cobre e fosfatos. Un 25 % da poboación activa dedícase a agricultura e a pesca. Os combustibles fósiles son a principal fonte de ingresos.

Imaxe vía wikipedia baixo licencia cc

  Alxeria estivo colonizada por Francia dende o 1830 ata o 1962, ano no que Alxeria obtivo a independencia grazas os acordos de Evian (acordo entre o goberno francés e o Fronte de Liberación Nacional). Dentro do FLN había moderados( Ben Khedda, Boudiaf e Aït Ahmed), e radicais (Ben Bella, Mohammed Khider e Houari Boumedienne).
Unha das persoas máis importantes do FLN foi Ben Bella. Ben Bella estivo no exército francés dous anos, e a partir do 1946 organizou grupos de carácter independentistas. Detivérono no 1950  pero fuxiu do cárcere e dous anos despois axudou a fundar o FLN. No 1956 volveu a cárcere, onde estivo seis anos. Un ano despois de saír elixírono presidente, sendo o primeiro que tivo Alxeria.


  Sobre isto hai unha película " La batalla de Argel", de Gillo Pontecorvo, que está ambientada no 1965, é unha película en contra do colonialismo, en especial do francés, onde narra a guerra entre o poder colonial francés e o FLN. Gillo Pontecorvo é un director de cine italiano. Estudou química, e despois dun tempo decidiu comezar periodismo.Gillo entrou no partido comunista en 1941, ata o final da segunda guerra mundial. Grazas a “La batalla de Argel” obtivo un León de Ouro.

Camús: Imaxe vía flickr baixo licencia cc Mitmensch0812
  Alxeria tivo un filósofo moi destacado, Albert Camús, foi un escritor francés, e un dos principais membros do existencialismo.
Camús naceu en Deraan, o 7 de novembro de 1913, con un ano morre o seu pai na batalla de Marne polo que tivo que trasladarse a Alxer. En 1932 publica os seus primeiros escritos na revista Sud. En 1934 únese ó Partido Comunista Francés, e no 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura. Camus é considerado un dos escritores máis importantes despois do 1945.


Mohammed: imaxe vía wikipedia
Non só hai películas que nos ensinan parte da historia de Alxeria, senón que tamén hai moitos libros. Un escritor moi importante de Alxeria e Mohammed Moulessehoul, que despois de escribir seis obras decide refuxiarse nun seudónimo, o de Yasmina Khadra    (que corresponde os dous nomes da súa muller), para poder expresar con máis liberdade o que sinte da situación na que está actualmente o seu país, no que conviven o FLN e o FIS islamista. Mohammed é un antigo comandante do exército alxerino. No 2000 deixa o exército para dedicarse a literatura, e é neste momento cando desvela o seu verdadeiro nome, o que causa un gran escándalo por todas as críticas que fai nos seus libros. Algo que a moita xente lle estrañou, foi que as súas obras estiveran en francés e non en árabe.  
Mohammed fálanos nalgúns dos seus libros do FIS islamista que é a organización política islámica máis importante de Alxeria. Nace cunha revolta xuvenil en Argel no 1988 onde se pedía unha islamización social. O FIS legalizouse no 1990, e gañou as eleccións municipais. No 1991 o presidente Chadli Benyedid impediu o triunfo electoral dos islamista e encarceou aos seus dilixentes, e foi no 1995 cando o Fis foi ilegalizado.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario