viernes, 27 de enero de 2012

Arxelia

Arxeria é un pais situado no norte de África e oficialmente denominada República Democrática e Popular de Arxeria. A súa capital é Alxer, e atopase situada á beira da costa mediterránea, sendo a cidade máis poboada do país. Arxeria é tamén o país máis poboado de todo África con 34.895.000 persoas e recibe o seu nome pola súa capital. A única relixión existente neste país é a islámica. Con respecto á esta relixión, existía unha organización de carácter islamista fundada no ano 1989 que tiña como obxectivo unha islamicación social. Esta organización chamada Frente Islámico de Salvación (FIS). Ao ano seguinte da súa creación, gañou as eleccións municipais, co que obtivo un gran recoñecemento e poder nas cidades arxelís. Para frear este avance, o presidente de Arxelia provocou un contragolpe e encarceláronse aos dirixentes do FIS, proclamandoo ilegal dende o ano 1992. Outro gran paso para este país foi a súa independización o 5 de Xullo de 1962 despois da colonización francesa. Este feito supuxo a súa integración en diversas organización a nivel mundial, como por exemplo, a ONU.


Sahara Occidental by sinsistema
Attribution-NonCommercial-ShareAlike License
Despois deste feito, en 1963 foi elexido o primeiro presidente deste país, Mohamed Ahmed Ben Bella. Tivo un carácter independentista, e debido a esto foi detido dúas veces, unha delas fuxiu e a segunda vez foi posto en liberdade o ano anterior a ser nomeado presidente. Ben Bella dirixiu o país a través dunha economía socialista e rompendo as relacións
coa Unión Soviética. A partir de 1830, a colonización francesa comezou o seu proceso en alxeria sendo a colonia que máis tempo permaneceu en mans deste país. No ano 1945, comezaron unha serie de revolucións contra o exército francés, o que respondeu con extrema brutalidad. Esta época foi representada na pelicula “La battaglia di Algeri” feita por Gillo Pontecorvo na cal mostra a súa opinión en contra do colonialismo en xeral, aínda que o francés en particular, na que se narra a loita entre o poder colonial francés e o Frente de Liberación Nacional arxelí. Gracias a esta película, Pontecorvo foi nominado en 1966 ao Premio Óscar na categoría de mellor director. A parte deste director, tamén salientar outros dous escritores arxelís do seculo XX. Un deles é Albert Camus, de nacionalidade francesa aínda que naceu en Arxelia. Camus, foi un novelista, ensaísta, dramaturgo. Durante a súa vida en Francia, a onde tivo que ir despois da morte de seu pai, un dos seus profesores adentrouno na lectura da filosofía . Tamén expresou unha gran oposición cara o marxismo, cristianismo e existencialismo. Foi considerado anarquista, e reflectiu todas a súas opinións e cuestións no libro “ El hombre rebelde”. Camus morreu en a960 nun accidente de coche, e con el foi atopado un manuscrito non acabado con gran contenido autográfico. O outro gran escritor arxelí foi Mohammed Moulessehoul, nacido en 1955. A súa vida literaria comezou pronto, e tivo que conpaxinala cos estudos e máis tarde pola súa actividade no exérxito. A súa primeira novela fixoa no ano 1973, aínda que non foi publicada ata 11 anos máis tarde. Para evitar a autocensura creada polas súas primeiras obras, Mohammed decidiu empregar un pseudónimo feito cos dous nomes da súa esposa e así, poder seguir publicanco libros. Deste xeito, pasou a ser conocido como Yasmina Khadra. No ano 2000 pasou a dedicarse exclusivamente á literatura e é nesta etapa cando revela a súa verdadeira identidade o que causou un gran escándalo tanto en Arxelia como Francia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario