viernes, 27 de enero de 2012

Alxeria


Case catro veces o tamaño de Texas, Alxeria fai fronteira ao oeste con Marrocos e co Sáhara Ocidental e ao leste con Tunisia e Libia, co mar Mediterráneo ao norte e ao sur con Mauritania, Mali e Níxer. Dende o 9 de xullo de 2011 é o país de maior superficie de África tras a división de Sudán.O punto máis alto é o Monte Tahat no Sahara, que se eleva 3.000 m. O Frente Islámico de Salvación (FIS), é a organización política de carácter islamista arxelina máis importante de Arxelia, fundada no ano 1989. Naceu coa revolta xove en Arxel de 1988 onde os estudantes pedían unha islamización social. Gañou as eleciones municipais de 1990 dominando as principais cidades arxelinas. A partir de marzo de 1992, é declarada ilegal, o que povocou a súa disolución. No citado país naceron moitas persoas intelectuais como:


  • Ahmed Ben Bella naceu en Arxelia, no ano 1916, importante, porque foi o primeiro presidente da República Arxelina Democrática e Popular tras a súa independencia no ano 1962. Alcanzou o grado de sarxento en Marsella durante a Segunda Guerra Mundial, determinou na Constitución de 1963 a orientación socialista do país e converteu ao FLN en partido único.

     Imaxe collida da Wikipedia

  • Albert Camus, naceu en Alxeria no ano 1913. Fundou o teatro do traballo no ano 1937 e faleceu en Francia, fai cincuenta e un anos (no ano 2010) nun tráxico acidente de tráfico, que conmocionou ao mundo da literatura, xa que él era un gran novelista, ensaista, dramaturgo e filósofo francés.

    Imaxe baixo licencia CC, vía Flickr (late night movie)

  • Yasmina Khadra é o pseudónimo femenino do escritor arxelino en lingua francesa Mohammed Moulessehoul. Naceu no 1955 no Sáhara. En 1989, despois de publicar seis obras co seu nome real, decide refuxiarse baixo un pseudónimo para evitar a autocensura que marcou as súas primeiras novelas e poder adentrarse coa maior liberdade na recreación da Arxelia do seu tempo.

     Imaxe modificada da imaxe real baixo licencia CC, Vía Flickr (The Cydonian)

    E tamén persoas que, aínda que non nacesen en Alxeria, destacaron polo papel que tiveron con ela, un exemplo é:

  • Gillo Pontecorvo, foi un diretor de cine italiano, é famoso fundamentalmente, pola súa película La Batalla de Argel, na que narra a guerra entre o poder colonial francés e o Frente de Liberación Nacional arxelino. Faleceu en Roma no ano 2006.

     Imaxe baixo licencia CC, Vía Flickr (obbino)


No hay comentarios:

Publicar un comentario