lunes, 30 de enero de 2012

Alxeria

Alxeria, oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria, é un estado situado no África do Norte, formando parte do Maghreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2.381.741 km² é o país máis grande da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe. Fai fronteira terrestre con Tunisia ao nordés, Libia ao leste, Níxer e Mali ao sur, Mauritania e o territorio en disputa do Sahara Occidental ao sudoeste e Marrocos ao oeste.


















Imaxe CC cedida por : Radio Nederland Wereldomroep

Destacou Mohamed Ahmed Ben Bella, político alxeriano, foi o primeiro presidente de Alxeria.Elixido presidente en 1963, encamiñando o país cara a unha economía socialista pero rompendo coa Unión Soviética, procurando unha vía alxeriana ao socialismo e que influíiu fortemente nos movementos de liberación nacional da década do sesenta e setenta.
 Tamén destacou Gillo Pontecorvo un cineasta italiano no que destaca un filme titulado "La Batalla de Alxer" na que conta a revolta de Alxeria contra a dominación francesa nos finais dos anos 50 do século XX.

 Outra persoa destacada é Albert Camus, foi un escritor e filósofo francés, un dos principais membros do existencialismo. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.
 Yasmina Khadra é o seudónimo femenino do escritor en lingua francesa Mohammed Moulessehoul a súa obra máis importante foi "Morituri" publicada en París.


No hay comentarios:

Publicar un comentario