martes, 14 de enero de 2014

Trabagoogle

O poeta portugués máis importante do século XX xamais recibiu o Premio Nobel e pasou a súa infancia en Sudáfrica. Nun dos seus poemas máis famosos, que podería traducirse coma "estanco" despídese nos últimos versos dun tendeiro. O apelido do tendeiro, case sen variacións,  é compartido por unha saga de actores estadounidenses, cuxo patriarca exerceu de protagonista nunha das películas bélicas máis famosas da historia e é fillo de galego emigrado. Este actor naceu nunha cidade famosa polo acordo de paz que alí se asinou.
¿De que conflito estamos falando?

No hay comentarios:

Publicar un comentario