jueves, 16 de abril de 2015

Cando hai que dar información importante a longo prazo...

¿Como avisar a futuros habitantes deste planeta de que hai lugares aos que mellor non ir? información aquí.

Flickr Photo: DBarefoot - CC BY-NC

martes, 7 de abril de 2015

A información e a comunicación na sociedade actual. Conceptos



Fluidez informacional


A través do aprendizaxe da nosa lingua materna, tod os adquirimos certa
fluidez lingüística que permite comunicarnos cos nosos semellantes. O feito de vivir nunha sociedade “mediada” tecnoloxicamente, esíxenos ademais un grao de fluidez informacional para poder desenvolvernos nela, dende accionar un caixeiro aut omático ata a búsquea de información en Internet.

A fluidez informacional de un individuo aumenta proporcionalmente coa súa familiaridade coas novas tecnoloxías da información e da comunicación
(TIC) e a súa capacidade cognitiva para buscar, procesar e usar información.   

Fenda dixital

Ë precisamente a necesidade de familiarizarse coas TIC a que produce a chamada “Fenda Dixital” que se pode definir como o impacto social provocado polas diferencias entre colectivos  nas oportunidades de acceso ás tecnoloxías da información e da comunicación.
Dende o punto de vista xeracional, os individuos máis xoves da sociedade, en especial os habitantes de centros urbanos, tenden a desenvolverfluidez informacional de maneira intuitiva, pola simple exposición a dispositivos electrónicos e software. En cambio, ás persoas adultas que non puideron desenvolvela nos seus fogares, resúltalles cada vez máis difícil aproximarse á crecente fluidez dos xoves.
Dende o punto de vista económico e posto que o contacto diario co ordenador persoal é imprescindible para adquirir fluidez informacional,a posibilidade de que un individuo desenvolva dita fluidez dende o seu fogar diminúe amedida que se reducen os ingresos económicos individuais e familiares; a calidade dos
servicios públicos de telefonía e electricidade, e o acceso a empresas provedoras de conexión a Internet (sen entrar sequera a avaliar a calidade de dita conexión).

A nivel mundial, a brecha dixital existente entre os países máis desenvolvidos en ciencia e tecnoloxía e os máis atrasados mostra unha desigualdade abismal.  

Aldea global

Aldea global é un termo que se refire á idea de que, debido á velocidade das comunicacións, toda a sociedade humana comezaría a transformarse eo seu estilo de vida se volvería similar ao de unha aldea. Debido ao progreso tecnolóxico, todos os habitantes do planeta empezarían a coñecerse uns a outros e a comunicarse de maneira instantánea e directa.

O principio que impera neste concepto é o de un mundo interrelacionado, con estreiteza de vínculos económicos, políticos e sociais, producto das TIC, particularmente Internet, como reductoras das distancias e das incomprensións entre as persoas e como promotoras da emerxencia dunha conciencia global a escala planetaria, ao menos na teoría.
 Esta profunda interrelación entre todas as rexións do mundo orixinaría unha poderosa rede de dependencias mutuas e, de ese modo, promoveríase tanto a solidariedade como a loita polos mesmos ideais, o nivel, por exemplo, da ecoloxía e a economía, en pos do desenvolvemento sustentable da  Terra, superficie e hábitat desta aldea global.

Por outro lado, no deixa de ser verdade que, como xa evidenciaba a teoría do efecto bolboreta (teoría do caos), un acontecemento en determinada parte do mundo pode ter efectos a unha escala global, como por exemplo as fluctuacións dos mercados financeiros mundiais. 
CC BY-NC-SA (IES S. Clemente)